martes, 19 de febrero de 2013

2

Segundo día de clase coa nova profesora de TICs, Esperanza. Hoxe non sei de que falar. É cómico, creo un blog para expresarme e non sei nin que temas tratar.
Debería estar fedellando no perfil do meu blog pero onte acabei de configurar o diseño da páxina e, para min, que quedou bastante atractiva e bonita.

Según nos dixo a profesora, as primeiras entradas do blog deben ser como unha introducción, algo que nos aproxime ás ideas que o imos tratar. SInceramente, eu penso que aínda non falei de nada concreto. Falei do blog, do que fixen nel e de como o fixen. Aínda que deberíamos falar dun tema concreto, eu non quero iso, eu quero que este blog  non sexa sobre un tema característico, que sexa un pouco sobre todo e, ao mesmo tempo, sobre nada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario